Lois González, Rubén CamiloConstenla Vega, Xosé2017-10-202017-10-202017http://hdl.handle.net/10347/15887A xeografía, como disciplina académica, non sempre foi considerada como unha rama importante no seo das humanidades e das ciencias sociais. Porén, a información espacial estivo historicamente moi relacionada co poder e co predominio dos distintos tipos de civilización. Co despregue do modo de produción capitalista temos asistido nos últimos decenios á emerxencia dunha serie de procesos que deron como resultado algunhas patoloxías no comportamento da mesma espacialidade contemporánea a todas as escalas. O territorio galego non ficou alleo ás transformacións da sociedade actual senón que, se cadra, padeceu con maior virulencia as consecuencias de múltiples procesos sociais, económicos e culturais descoñecidos até hai pouco tempo. Aplicando os paradigmas da xeografía radical en confluencia coas ideas da Teoría Xeral de Sistemas, pódese reflexionar sobre a perda de complexidade irreversíbel que deu finalmente lugar un estado comprobábel de "colapso" do sistema territorial. Esta Tese de Doutoramento supón un intento de explicación, de xeito sistematizado, destes cambios, poñendo “o espazo en primeiro lugar”.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glEspazoColapsoComplexidadeMatriz TerritorialMaterias::Investigación::54 Geografía::5403 Geografía humana::540306 Geografía socialMaterias::Investigación::54 Geografía::5403 Geografía humana::540399 Teoría y Pensamiento GeográficoO espazo en primeiro lugar. A teoría do Colapso Territorial en Galizadoctoral thesisopen access