Bermúdez Lista, Sheyla2024-11-272024-11-272018-07https://hdl.handle.net/10347/37867Traballo Fin de Grao en Xornalismo. Curso 2017-2018A violencia de xénero é un problema grave que existe en España desde sempre e que leva por diante a vida de máis de cincuenta mulleres cada ano. Este traballo analiza se en pleno século XXI os xornalistas tratan o tema co coidado e respecto que merece, como un problema social, ou se pola contra, informan buscando o sensacionalismo e o morbo. O estudo busca demostrar que non se lle da a visibilidade necesaria e poucas veces se fala da situación se non é para informar dun asasinato. Está centrado na Costa da Morte e no xornal La Voz de Galicia, edición Carballo. Tenta deixar claro que é necesaria unha especialización no tema e elaborar as informacións desde unha perspectiva de xénero para informar e formar á xente sobre a violencia de xénero, explicando que non todo é violencia física, senón que a psicolóxica pode ser incluso peor, ofrecendo a visión e opinión de expertos e deixando claro que hai saída para todas esas mulleres que se senten desprazadas e humilladas día a día. Ademais do análise do tratamento das informacións do xornal La Voz de Galicia. Edición Carballo, tamén se investigou cal é a situación nos diferentes concellos e pobos da zona (número de denuncias, número de mulleres que acoden aos Centros da Muller que hai na zona…) para ver se coincide o enfoque que se da na prensa coa realidade. Varios expertos aportaron a súa visión sobre o tratamento, tanto na prensa xeral como na da Costa da Morte, a súa experiencia co tema e varios datos relevantes para a elaboración do estudoglgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Violencia de xéneroXornalismoMachismoVítimasMediosViolencia machistaCosta da MorteLa Voz de GaliciaA violencia de xénero na Costa da Morte: análise do tratamento nos medios de comunicación da zonabachelor thesisopen access