Páramo Telle, Óscar2021-10-182021-10-182021http://hdl.handle.net/10347/27018Traballo Fin de Grao en EconomíaA Economía Circular preséntase como un novo paradigma económico acorde cos límites físicos da Terra. Dado o seu carácter multidisciplinar e a súa numerosa diversidade de enfoques, os indicadores existentes para cuantificala varían amplamente. Unha vez analizado como xurdiu o concepto, que diferentes maneiras de entendelo existen e algúns dos indicadores existentes, tentarase facer unha aproximación da medición da Economía Circular nalgunha das súas dimensións na Galiza. Tendo en conta as limitacións estatísticas existentes derivadas da novidade do termo, e malia saber que a xestión dos residuos e a reciclaxe son só actividades necesarias froito do sistema económico lineal imperante, estas centrarán o groso do estudo. Tras analizar o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020, estudarase a xeración dos residuos de competencia municipal total e per cápita para eses anos. Ademais, analizaranse os diferentes modelos de xestión existentes na actualidade no país. Unha vez realizado isto, e en concordancia cos indicadores propostos por Eurostat, calcularase unha estimación das taxas de reciclaxe totais e por fluxos específicos de residuos na Galiza para observar se se acadaron os obxectivos marcados.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Economía circularCircular economyXestión dos residuosGestión de los residuosWaste managementReciclaxeReciclajeRecyclingGaliciaGalizaMaterias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacioOs residuos de competencia municipal na Galiza: análise dende unha perspectiva circularbachelor thesisopen access