Santos González, María CarmenRial Sánchez, Antonio FlorencioZabalza Beraza, Miguel ÁngelSantamaría Queiruga, Olaya2019-01-232019-01-232018http://hdl.handle.net/10347/18127En España, unha importante porcentaxe da poboación activa non conta cunha acreditación recoñecida da súa cualificación profesional. En consecuencia, isto supón, para estas persoas, unha maior dificultade de inserción e permanencia no mercado laboral. Debido á importancia e gravidade desta problemática e co fin de ofrecer solucións a esta situación, créanse, dentro do marco da política común europea en materia de emprego, os Certificados de Profesionalidade. Estes certificados, con validez en todo o territorio nacional, acreditan de forma oficial as competencias profesionais adquiridas para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego. Nesta tese de doutoramento centrámonos nos Plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas. Trátase dunha política activa de emprego que ten como obxectivo principal lograr a mellora da empregabilidade a través da oferta de formación que procura a adquisición, mellora e actualización permanente das competencias e cualificacións profesionais, co fin prioritario de potenciar a integración e reinserción das persoas traballadoras desempregadas no mercado laboral. O propósito deste traballo é avaliar o impacto, calidade e eficacia do Plan de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas na comarca de Santiago para o sector da construción. Trátase dunha investigación fundamentalmente descritiva na cal se analiza a inserción xerada por este tipo de formación, a calidade do proceso formativo e a adaptación da formación aos requirimentos do mercado laboral.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Formación Profesional para o EmpregoCertificados de ProfesionalidadeSector da construciónMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicosMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5802 Organización y planificación de la educación::580201 Educación de adultosO subsistema de Formación Profesional para o Emprego: os Certificados de Profesionalidade e a súa vinculación coa melloradoctoral thesisopen access