Pérez Fra, María do Mar2024-05-292024-05-292010978-84-9887-295-8http://hdl.handle.net/10347/33955No tema anterior puxemos de manifesto que os factores que provocaron a desestabilización do sistema de agricultura tradicional foron externos ao sector agrario. O crecemento económico experimentado a partir dos anos 60 provocou unha forte presión sobre a agricultura que levou á ruptura dos piares básicos sobre os que se asentaba o modelo tradicional. É importante destacar que esta fase de modernización iniciada a fins da década dos 50 continúa na actualidade, xa que non se trata dun proceso completamente finalizado. Así mesmo, en diversas ocasións ao longo do curso salientouse que o sector agrario é un sector fortemente intervido na práctica totalidade dos países industrializados. Europa non constitúe unha excepción a este respecto. A PAC (Política Agraria Común) contribuíu en alto grao a modelar o sentido dos cambios experimentados polas explotacións agrarias nas últimas 3 décadas, determinando a forma concreta na que estes se teñen producido. Así pois, a intervención do Estado nos mercados agrarios, fenómeno que responde a razóns que explicaremos ao longo deste tema, contribuíu a modelar o tipo de agricultura que temos hoxe en día.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/O medio rural e as políticas agrarias. A Unión Europeabookopen access