Jiménez Esquinas, Guadalupe2026-01-132026-01-132025-12-12Jiménez-Esquinas, Guadalupe (2025) A cultura do marisqueo na ría de Muros-Noia. En Manuel Cartea e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (coords.) Barbantia: Anuario de Estudos do Barbanza, 21, pp. 59-69.1889-0946https://hdl.handle.net/10347/45097Este capítulo deriva dun traballo de documentación e investigación sobre o marisqueo na ría de Muros-Noia e a súa relación coa categoría de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Esta investigación foi impulsada polas confrarías de pescadores de Muros, Noia, Portosín e Porto do Son, os concellos da ría e contou co apoio do GALP Costa Sostible. O obxectivo destas institucións era impulsar un proceso de patrimonialización na procura dunha serie de accións que garantan a sustentabilidade e viabilidade do marisqueo en tanto que actividade social e cultura, fomentando o seu coidado por parte das comunidades e asegurar así a súa sustentabilidade tamén no futuro. A súa metodoloxía foi etnográfica, o método de investigación característico da antropoloxía social, contando con observación participante, diarios de campo, entrevistas en profundidade, fotografías e a triangulación con outra bibliografía, documentos e datos estatísticos. A investigación foi desenvolvida entre os meses de abril e agosto do 2021, nun contexto marcado pola pandemia da COVID-19. Como resultado da investigación publicouse un informe titulado “Cultura do Marisqueo na ría de Muros-Noia” orientado a servir como documentación e apoio para que as organizacións máis próximas ao marisqueo puideran candidatarse a algunha figura de protección dentro da categoría do PCI.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/MarisqueoXéneroFeminismoPatrimonio cultural inmaterialGalicia510208 PescaA cultura do marisqueo na ría de Muros-Noiajournal articleopen access