Pérez Rivas, NataliaVázquez-Portomeñe Seijas, FernandoGuinarte Cabada, Gumersindo2024-03-042024-03-042012978-84-9887-890-5http://hdl.handle.net/10347/32967MATERIA: Dereito Penal I (Parte Xeral)A comisión dun feito punible, entendendo por tal un feito tipicamente antixurídico e persoalmente imputable no que non concorra ningunha causa de exclusión da punibilidade, da lugar ao xurdimento tanto de responsabilidades penais como civís. A extinción das responsabilidades penais, que non supón automaticamente a paralela extinción da responsabilidade civil, terá lugar, exclusivamente, pola concorrencia dalgunha das causas enumeradas no artigo 130 do Código Penal (en adiante CP), a saber: a morte do reo, o cumprimento da condena, a remisión definitiva da pena, o indulto, o perdón do ofendido, a prescrición do delito e a prescrición da pena. O ditado dunha sentenza condenatoria, ademais de impor unha ou varias penas principais ou accesorias, tamén produce outros efectos non previstos expresamente nela. Estes efectos, que perduran durante un determinado tempo ata despois de cumprida a pena ou extinguida doutra forma a responsabilidade criminal, son manifestacións dos antecedentes penais que, trala sentenza firme, son inscritos no Rexistro Central de Penados e Rebeldes. Pois ben, para poder cancelar os antecedentes penais e todos estes efectos, o artigo 136 CP establece un presuposto, un procedemento e uns requisitos. Ao estudo destas cuestións adicarase a presente unidade didáctica.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Dereito PenalResponsabilidade criminalExtinciónAntecedentes penais560505 Derecho penalA extinción da responsabilidade criminalbookopen access