Vidal Triñanes, Ángela2017-04-252017-04-252016http://hdl.handle.net/10347/15310Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2015-2016O presente traballo ten por obxecto ubicar as controversias, na súa gran maioría plantexadas dende o anacronismo, arredor da xenuína e pretenciosamente esfarelada e entebrecida figura de Empédocles de Acragante. Non en balde retratado por Lucrecio coma 'o máis grande que puido ter parido Sicilia', cuxo peito 'albergaba versos que proviñan dunha estirpe máis divina que humana', así deixou constancia o propio Empédocles nos seus poemas, nos cales el forxa a súa propia lenda, autoproclamándose coma un deus ante os seus concidadáns. Facer casar esta imaxe dun Deus coa do filósofo que todos coñecemos non é sinxelo, e menos aínda abordar a súa poesía cun método que sexa xusto coa diversidade e complexidade deste poetafilósofo sen amputar boa parte da súa xenialidade. Mais estas pretensións son posíbeis se se parte da presunción de que este home feito deus nos seus versos, capaz de desatar trebóns, de desterrar pestes e de traer mortos á vida, está a escribir dende unha óptica deliberadamente místicaspaAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/EmpédoclesFilosofía gregaPoesía gregaRelixión e literaturaMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620202 Análisis literarioMaterias::Investigación::55 Historia::5501 BiografíasMaterias::Investigación::72 Filosofía::7204 Sistemas filosóficos::720401 Filosofía antiguaEmpédocles, Deus suposto: o filósofo, o poeta, o taumaturgo e o homebachelor thesisopen access