Paül Carril, ValeriàBoga González, Rubén2025-07-152025-07-152025https://hdl.handle.net/10347/42484As Indicacións Xeográficas (IX) non deixaron de multiplicarse nos últimos anos en todo o mundo como ferramentas capaces de deparar diversos beneficios. De entre eles, con frecuencia destácase o seu potencial contribuír ao desenvolvemento rural dos espazos nos que se insiren. No entanto, a maior parte das investigacións en Ciencias Sociais e Humanas que analizan os xeitos nos que unha IX poden resultar beneficiosas non soen reparar no feito xeográfico deste tipo de instrumentos. A presente tese resitúa as IX dentro do marco analítico-teórico da Xeografía, co fin de ofrecer unha mirada crítica e sistemática aos procesos de construción e de xestión que determinan a capacidade destes instrumentos para satisfacer as necesidades pretendidas co seu establecemento. Con ese obxectivo, aplicáronse técnicas cualitativas en doce figuras de IX arredor do mundo para observar a diversidade de percepcións que existen entre os actores implicados nelas. A lectura conxunta de todos estes casos confirma a pertinencia de analizar as IX desde unha persepctiva xeográfica para facilitar que poidan alcanzar os seus obxectivos prácticos.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Indicación Xeográficadesenvolvemento rural540402 Geografía rural540104 Desarrollo regionalXeografías críticas dos procesos de construción e de xestión das figuras de Indicación Xeográfica para produtos agroalimentariosdoctoral thesisopen access