Sesto Varela, VanessaCapilla Capilla, CamilaGarcía-Rodeja Gayoso, Isabel2020-02-182020-02-182017Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 30, Nº. 84, 2017 (Ejemplar dedicado a: Recoge los resúmenes de los contenidos presentados a: ENCIGA. Congreso (30. 2017. Allariz)), págs. 65-660214-7807http://hdl.handle.net/10347/20771Os nenos e as nenas teñen unha curiosidade e unha necesidade innata de explorar o seu entorno. Continuamente fanse preguntas e senten unha gran satisfacción cando teñen a oportunidade de tocar e manipular obxectos (Brown, 1991). Este entusiasmo e ganas de saber deben ser aproveitados para introducir actividades de ciencias na Educación Infantil, xa que a medida que os nenos van investigando sobre as propiedades dos obxectos do seu entorno, van engadindo coñecementos á súa bagaxe. Cantas máis oportunidades teñan de explorar, mellor base terán para desenvolver novos conceptos nun futuro. Por outra banda, autores como Gelman e Brenneman (2004) sinalan que a implementación de actividades de ciencias en Educación Infantil favorece o desenvolvemento cognitivo dos nenos ao darlles a oportunidade de exercitar destrezas, predicir, facer inferencias ou enfrontarse a conflitos cognitivos. Nesta comunicación preséntase un estudo desenvolto en tres grupos de nenos (A, B e C) de 3º de Educación Infantil (5-6 anos) co fin de coñecer como interpretan a combustión dunha candea dentro dun recipiente de cristal.glgCopyright © 2017 Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)Análise das interpretacións de nenos de 3º de Infantil sobre a combustión dunha candeajournal articleopen access