Sóñora Luna, FranciscoGarcía-Rodeja Gayoso, Isabel2020-02-182020-02-182018Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 31, Nº. 86 (NOVEMBRO), 2018 (Ejemplar dedicado a: XXI CONGRESO DE ENCIGA), págs. 121-1220214-7807http://hdl.handle.net/10347/20767Nesta comunicación preséntase unha investigación desenvolvida nunha clase de Climántica, nunha materia de libre configuración de centro impartida en primeiro de Bacharelato. Esta ma- teria deseñouse en base a catro grandes bloques de contidos tirados dos libros publicados no apartado Biblioteca de www.climantica.org e no material didáctico sobre o cambio global nos ecosistemas mariños publicado en www.educo2cean.org. Os catro bloques de contidos son: 1) Evidencias causas e consecuencias do cambio climático 2) Enerxía e cambio climático 3) Auga e cambio climático 4) Cambio global nos ecosistemas mariños. A investigación centrouse nunha análise do discurso e da argumentación dun grupo de clase sobre nove cuestións, relativas aos catro bloques, nun contexto de coloquio dirixido polo docente. A investigación deseñouse co obxectivo de analizar as dificultades de comprensión dos estudantes sobre o cambio climático a través da análise do discurso e da argumentación e comparar cos resultados de investigación previas (ver p.e. García-Rodeja y Lima, 2012; Liu y Roehrig, 2017; McNeill y Pimentel, 2010, Varela et al. 2018).glgCopyright © 2018 Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)Argumentación sobre cambio climático en alumnado de 1º de bacharelatojournal articleopen access