Martínez Roget, Fidel2014-04-162014-04-162013978-84-15876-25-0http://hdl.handle.net/10347/10160Titulación: Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas -- Materia: Impacto Económico do Turismo UrbanoEsta unidade didáctica forma parte da materia «Impacto Económico do Turismo Urbano» que se imparte no primeiro semestre, dentro do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas. Con esta materia preténdese iniciar aos estudantes na análise do impacto económico xerado polo turismo en áreas sub-nacionais, en concreto, en destinos urbanos. Para isto, nunha primeira parte, estúdanse os dous elementos básicos dun mercado, neste caso do mercado turístico, é dicir, a demanda e a oferta. A continuación trátanse os elementos que rodean e condicionan o funcionamento do mercado turístico, entre eles o marco institucional e a contorna en toda a súa amplitude: económica, política,sociocultural e competitiva. A última parte da materia ten como obxectivo a análise de impacto económico propiamente dita, para iso partirase da definición e clasificación dos impactos do turismo e exporanse as principais metodoloxías existentes e a súa viabilidade para levar a cabo esta análise en niveis urbanos. A materia estrutúrase, polo tanto, en tres unidades didácticas, sendo esta a primeira das tres. Xustificación da unidade temática no contexto da materia e da titulación Unha das competencias xerais dos profesionais do turismo urbano e da xestión de empresas turísticas será a súa capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico. Esta competencia precisa que estes profesionais coñezan, como paso previo, cal é esa realidade, comezando polo propio funcionamento do mercado turístico. Ao mesmo tempo, e como paso previo ao coñecemento dos impactos económicos xerados polo turismo en destinos urbanos, é preciso coñecer qué tipo de turistas son os que visitan ese destino, de onde proceden, como se comportan, canto tempo permanecen no destino, entre outros elementos. E saber tamén con que recursos conta o destino, o número e tipo de infraestruturas e a tipoloxía de produtos turísticos. Coñecendo cales son os factores que inflúen sobre o mercado turístico, será máis doado poder incidir para maximizar os impactos económicos derivados da actividade turística. Estes coñecementos básicos serán os que se traten nesta unidade didáctica.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/TurismoMercado turísticoImpacto económico do turismoOrganización Mundial do Turismo (OMT)Demanda turísticaOferta turísticaProduto turístico globalProducto turístico globalImpacto Económico do Turismo UrbanoMáster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas TurísticasMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5312 Economía sectorial::531290 Economía sectorial: turismoA análise do mercado turísticobookopen access