Rigueiro Rodríguez, Antonio2024-05-292024-05-292010978-84-9887-300-9http://hdl.handle.net/10347/33957O Plan de Estudos vixente para a titulación de Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidade de Explotacións Forestais, que se imparte na Escola Politécnica Superior de Lugo, contempla no segundo curso a materia troncal Botánica Forestal, con 6,5 créditos, 4 teóricos e 2,5 prácticos. Os coñecementos que adquirirán os estudantes serán necesarios para seguir con aproveitamento outras materias de carácter pretecnolóxico e tecnolóxico da titulación: Ecoloxía, Repoboacións Forestais, Silvicultura, Pascicultura, Ordenación de Montes, etc. Na materia Botánica Forestal o temario abrangue nove unidades temáticas, a primeira introdutoria, a derradeira dedicada á Xeobotánica e as restantes centradas na Botánica Descritiva Forestal, nas que se estudan as especies vexetais, sobre todo as vasculares, con importancia forestal, dedicando maior atención ás do noso contorno xeográfico (Galicia, norte de España), e facendo referencia a aquelas máis importantes no contexto español e mundial. Dentro da División Magnoliophyta (Anxiospermas) e na clase Magnoliopsida (Dicotiledóneas) as Subclases Magnoliidae, Hamamelidae, Caryophyllidae, Dillenidae, Rosidae e Asteridae inclúen a maior parte das especies de interese forestal que estudamos. A presente Unidade Didáctica, a número IV, céntrase na subclase Hamamelidae, e os seus contidos teóricos explícanse en 7 clases dunha hora de duración.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Subclase hamamelidaebookopen access