Iglesias Rodríguez, GregorioCarballo Sánchez, Rodrigo2024-05-302024-05-302011978-84-9887-565-2http://hdl.handle.net/10347/33989A presente Unidade Didáctica (en diante UD) é unha continuación da UD II na que se estudan os fundamentos da ondada. Ambas as unidades encádranse dentro do Bloque I da materia, onde se caracterizan os distintos procesos que determinan o deseño das actuacións litorais (Bloque II). Para o seu deseño, é esencial coñecer o clima marítimo ao que estarán sometidas; en particular, as condicións da ondada constitúen, na maioría dos casos, a solicitude máis importante. Os datos de partida fan referencia xeralmente á área de profundidades indefinidas fronte ao punto de interese, situado na maioría das ocasións en profundidades reducidas. Non obstante, as características da ondada modifícanse no seu avance dende augas indefinidas ata a costa. Deste modo, o estudo da súa transformación constitúe un aspecto fundamental á hora de determinar as condicións da ondada nunha determinada zona do litoral. Nesta unidade didáctica preséntanse os principios científicos básicos que determinan a transformación da ondada unha vez que abandona a condición de profundidades indefinidas. Agora ben, a representación axeitada destes procesos constitúe un problema matemático complexo. Por este motivo farase referencia aos distintos modelos numéricos que na actualidade se empregan con este fin.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Mecánica ondulatoriabookopen access