Rodríguez Gil, Luis IgnacioSuárez Fernández, Óscar2024-05-302024-05-302013978-84-9887-976-6http://hdl.handle.net/10347/34008A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control dos distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable, previamente elaborada, publican os estados contables. O produto final da contabilidade son os estados contables ou estados financeiros que son o resumo da situación económica e financeira da empresa. Os estados contables están formados polo balance, a conta de resultados, o estado de cambios no patrimonio neto, o estado de fluxos de efectivo e a memoria. Os alumnos de terceiro curso do grao contan cos coñecementos que lles permiten estudar, medir, rexistrar os feitos económicos que é unha das parte do proceso contable. Con esta materia culmínase a última fase deste proceso que é a comunicación da información contable aos distintos usuarios. Tamén permitirá a interpretación e a obtención de información a partir dos estados contables. Deste xeito, esta unidade é importante para a formación do alumnado ao permitirlle unha maior comprensión do funcionamento contable dunha empresa, ter una visión global de todo o proceso contable, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores de materias tales como Análises de Estados Contables. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/O estado de perdas e gananciasbookopen access