Mouzo Villar, RosaPérez Capelo, Carolina2013-12-192013-12-192013http://hdl.handle.net/10347/9532Conferencia presentada no IV Encontro Wedisyn sobre variación sintáctica. Santiago de Compostela, 18-19 abril 2013.No eido da sintaxe as oracións condicionais foron xa obxecto de investigación de múltiples estudos centrados en diferentes aspectos destas construcións (estrutura, tempos verbais usados na prótose e na apódose, etc.). Algúns deles téñense fixado nas peculiaridades que presentan as condicionais segundo o territorio lingüísitico que ocupan (Pato:2003; Veiga: 1991; Xove: 1986). Tendo en conta isto, desenvolvemos esta pescuda que ten como obxectivo analizar as condicionais nas diferentes linguas románicas que conflúen no noroeste da Península Ibérica (galego, portugués, astur-leonés e castelán), reparando nas similitudes e diferenzas existentes e observando se se dá ou non algún tipo de distribución dialectal. No noso estudo partimos dos datos que nos proporciona o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) e centrámonos nas tres oracións condicionais que foron recollidas neste atlas.glgSintaxeSintaxisSyntaxAs oracións condicionais no ALPI. Unha análise contrastiva do noroeste peninsularconference outputopen access