Roig Rechou, Blanca AnaAgrelo Costas, María EulaliaUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega2016-02-042016-02-042016-02-04http://hdl.handle.net/10347/13822O obxectivo central deste traballo de investigación, co que se desexa obter o título de doutora, é demostrar como Agustín Fernández Paz se formou na institución docente, chegou a ocupar o seu centro e, desde ela, o centro da institución literaria. Este proceso articulouse a partir da publicación de obras literarias dirixidas en primeira instancia aos máis novos, é dicir, as que conforman a denominada literatura infantil e xuvenil galega, unha literatura que tardou moitos séculos en chegar a ser considerada como un sistema literario propiamente dito e, polo tanto, digna de ser estudada e investigada desde as metodoloxías que ofrecen os Estudos literarios. É esta unha denominación baixo a que se agrupan catro disciplinas –Teoría, Crítica, Historia e Literatura Comparada–, cuxa interdependencia, como apuntou Darío Villanueva (1991, 2004), favorece que os enfoques asumidos combinen un tratamento analítico e valorativo, sincrónico, diacrónico e comparativo, incluíndo outrosí a perspectiva da recepción, de aí que se tomarán os aspectos destas teorías que contribúan ao desenvolvemento desta tese doutoral.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glAgustín Fernández PazLiteratura infantil e xuvenilLiteratura galegaGaliciaMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620202 Análisis literarioMaterias::Investigación::57 Lingüística::5701 Lingüística aplicada::570107 Lengua y literaturaDa institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Pazdoctoral thesisopen access