Rigueira Rey, LucasMiranda Castañón, Marta Inés2020-07-202020-07-202011978-84-9887-776-2http://hdl.handle.net/10347/23178Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Clínica Médica Veterinaria IIEsta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Nunha primeira parte estúdanse as patoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías do rumen, do abomaso e de lactantes. Remata a materia co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias. Xustificación da unidade temática no contexto da materia e da titulación, requisitos previos e duración Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é fundamental para a clínica do gando vacún e para a patoloxía da produción. Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e terapéutica e diagnóstico pola imaxe. O igual que noutras materias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática. Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en seis horas:tres de docencia teórica e tres de prácticas clínicas.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Clínica Médica Veterinaria IIGrao en VeterinariaDixestivo de ruminantes: afeccións do abomasobookopen access