Luna Puente, Nicolás2023-03-302023-03-302022http://hdl.handle.net/10347/30390Traballo de Fin de Grao en Mestre en Educación Primaria. Curso 2021-2022A poesía é un xénero literario con múltiples posibilidades didácticas alén do traballo estritamente lingüístico. Esta ferramenta didáctica permite ampliar o imaxinario dos discentes en materia motriz, literaria, creativa ou expresiva, entre outras. Por tanto este TFG titulado A poesía como recurso didáctico interdisciplinario entre Lingua galega e literatura, Educación física e Libre configuración constitúe unha asociación de tres áreas do currículo de Educación Primaria coa intención de conxugar os saberes cunha metodoloxía integradora. Na xustificación teórica saliento a relevancia da inclusión lírica no eido escolar, valoro o seu potencial como medio transversal na esfera infantil e contextualizo o panorama literario contemporáneo en Galicia. No Corpus de traballo recollo sete poetas vencellados coa localidade de A Estrada e escolmo as obras e as composicións coas que traballa o alumnado de 6º curso de Primaria do CEIP de Figueiroa. A cerna do TFG é o deseño e a aplicación dunha unidade didáctica integrada (UDI) denominada Setestrelo poético coa que pretendo contaxiar o gusto poético e abranguer competencias que fornezan a imaxinación de riqueza léxica, musical, comunicativa e motora. A reflexión sobre a implementación do proxecto, xunto coas vivencias no decorrer da proposta recompíloas nas conclusións a modo de cavilacións persoaisglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/PoesíaInterdisciplinariedadeCompetencia motrizCreatividadeCooperaciónInterdisciplinariedadCreatividadMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5312 Economía sectorial::531204 EducaciónA poesía como recurso didáctico interdisciplinario entre Lingua galega e literatura, Educación física e Libre configuraciónLa poesía como recurso didáctico interdisciplinar entre Lengua gallega y literatura, Educación física y Libre configuraciónPoetry as an interdisciplinary didactic resource between Galician language and literature, Physical education and Free configurationbachelor thesisopen access