López Besteiro, Alicia2025-05-122025-05-122024-05-06https://hdl.handle.net/10347/41357A ideoloxía lingüística con máis forza nas actuais sociedades occidentais é a ideoloxía do estándar (Milroy & Milroy, 1991; Gal, 2006, 2018): a crenza de que hai unha única forma correcta de falar e de que unha sociedade para ser moderna necesita ter unha variedade estándar para o seu uso na vida pública. Con todo, nesta época de modernidade tardía, a cultura lingüística está mudando e, entre outros procesos, xorden tendencias á desestandarización en distintas linguas europeas (Coupland & Kristiansen, 2011; Kristiansen, 2021), é dicir, prodúcese un certo debilitamento desa idea de superioridade absoluta do estándar. Isto non ocasiona que a ideoloxía do estándar perda a súa lexitimidade, pero si volve máis complexa, multidimensional e mesmo contraditoria a relación entre o estándar e a variación. Neste sentido, o obxectivo deste traballo é estudar en que medida se pode estar dando un proceso de desestandarización tamén no galego. A investigación baséase nun corpus de grupos de discusión, formados por mozas e mozos universitarios, sobre temas metalingüísticos. O noso marco teórico é o que McLelland (2021) denomina "estandardoloxía da terceira vaga”, que se centra na dimensión ideolóxica da estandarización, especialmente en contextos multilingües. Desde a perspectiva da Análise Crítica do Discurso (Fairclough, 2013; Blommaert, 2005), trataremos de observar como se reproducen, negocian ou contestan as ideoloxías lingüísticas dominantes.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/GalegoIdeoloxía do estándarDesestandarizaciónIdeoloxías lingüísticasAnálise Crítica do Discurso570510 Sociolingüística5799 Otras especialidades lingüísticas (Especificar)“¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Ideoloxías lingüísticas e (des)estandarización en galego“¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Language ideologies and (de)standardisation in Galician“¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Ideologías lingüísticas y (des)estandarización en gallegobachelor thesisopen access