Nogueira Otero, XoséParadelo Núñez, Martín2015-11-162015-11-162015-11-16http://hdl.handle.net/10347/13689Trázase no presente traballo unha panorámica das formas de representación que o cinema europeo desenvolveu para se enfrontar á filmación dos espazos suburbais das cidades europeas. Pártese dunha definición destas estratexias de representación fílmica desde a definición dos diferentes modos de representación cinematográficos e faise fincapé na importancia do realismo e da capacidade de transmisión dunha visión crítica sobre a cidade como colector social e as dinámicas socio-económicas que poden definirse nos espazos suburbiais. Trátase de analizar de que maneira o cinema contribúe ao coñecemento histórico, neste caso do inmediato pasado, e estabelecer as formas de relación entre a imaxe cinematográfica e a sociedade que a produce, de descubrir as orixes históricas e culturais da obra e o seu cruce coas formas de pensamento do seu propio momento histórico, de interrogar os filmes como formas pensantes e indagar nas ideas que se esconden no interior dos textos fílmicos e procurar as orixes e as implicacións ulteriores destas ideas.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glmodo de representación cinematográficorealismourbanismomelodramamodernismoposmodernismoideoloxíaMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620301 CinematografíaA representación dos espazos suburbanos no cinema ficcional europeo tras a caída do Muro de Berlíndoctoral thesisopen access