Dubert García, Francisco2012-05-022012-05-022010Dubert García, Francisco (2010): “Sobre o lugar do xénero na gramática do galego”, Estudos de Lingüística Galega 2, 57-74.1989-578Xhttp://hdl.handle.net/10347/4627Neste traballo tentarei mostrar a natureza sintáctica do xénero nos substantivos galegos. O xénero en galego non é un morfema ou un tipo de significado, senón unha categoría morfosintáctica inherente, cuxa función é establecer estruturas de concordancia. Este feito introduce o xénero na representación sintáctica das palabras e fai necesario consideralo unha categoría flexiva. É certo que nalgúns substantivos coma neno ~ nena ou lobo ~ loba, que denotan seres animados, existe unha ligazón produtiva entre a información de xénero e a información conceptual de sexo, e que estas ligazóns poderían ser introducidas por procesos de formación de palabras derivativos; porén, eu defendo a postura de que estes feitos non afectan á natureza basicamente sintáctica e flexiva da categoría. Para poder soster esta posición, analizarei o comportamento do xénero nos denominados procesos de neutralización do xénero, e mostrarei que tal neutralización é semántica, non sintáctica nin flexiva.glgGalego (Lingua)XéneroFlexiónNeutralizaciónGalician languageGenderInflectionNeutralizationSobre o lugar do xénero na gramática do galegoOn the place of gender in Galician grammarjournal articleopen access