Ameneiro Cereijo, Mateo2023-11-072023-11-072023-06http://hdl.handle.net/10347/31211Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos. Curso 2022-2023A industria de transformación de produtos procedentes do mar é un sector clave para Galicia. O seu labor no procesamento de pescados, crustáceos e moluscos xera unha enorme cantidade de residuos en forma de subprodutos de procesamento (cabezas, espiñas, recortes, cunchas, augas de cocción, etc.) e descartes por motivos comerciais, que se suman aos producidos noutras etapas da cadea de valor da pesca. O desperdicio de recursos alimenticios mariños dificulta o obxectivo de alimentar unha poboación mundial crecente explotando os mares de xeito sustentábel, e supón un problema económico para as empresas manufactureiras. Así pois, a industria procura, en primeiro lugar, minimizar a produción de residuos e, en segundo lugar, aspira a aproveitar os xerados en diversas aplicacións, evitando ter que tratalos para a súa eliminación. Hai múltiples opcións para valorizar estes residuos. As opcións preferíbeis son as destinadas ao consumo humano (novos alimentos, suplementos dietéticos, fármacos, cosméticos, etc.), seguidas das dedicadas á alimentación animal e, por último, as que aproveitan os residuos para usos industriais, para producir enerxía ou como materiais fertilizantes. Este Traballo Fin de Máster realiza unha revisión bibliográfica das alternativas de valorización existentes no sector da transformación de produtos do mar na actualidade, centrándose nos peixes e moluscos por seren os que abranguen a práctica totalidade do que se captura e se procesa en Galicia.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ValorizaciónResiduos de produtos do marSubprodutos de produtos do marBioprodutosFariña de peixeAceite de peixeValorización de residuos do procesamento de produtos do marmaster thesisopen access