González Noya, Ana María2014-02-272014-02-272013978-84-9887-992-6http://hdl.handle.net/10347/9929Titulación: Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural -- Materia: QuímicaEsta unidade didáctica Disolucións e as súas propiedades forma parte da materia de formación básica Química, que se imparte no primeiro curso do grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural. A materia, que é anual, está organizada en catro bloques,pertencendo esta unidade n.º 2 ao primeiro deles. Despois de estudar algúns conceptos básicos e terminolóxicos da química na unidade didáctica anterior (unidade n.º 1), neste tema utilizaremos estes coñecementos para abordar o estudo das disolucións e as súas propiedades. A maioría dos materiais con que interactuamos na vida cotiá son mesturas, moitas das cales son disolucións. Así, o aire que respiramos ou a auga do mar son exemplos de disolucións. Este tema é unha parte fundamental da materia por dúas razóns: 1. A meirande parte dos procesos químicos que serán estudados nos bloques B e C teñen lugar en disolución. 2. O dominio dos cálculos para a preparación de disolucións de fertilizantes e outros compostos é de grande importancia para o traballo no laboratorio e para o posterior desempeño do labor profesional da enxeñeira ou do enxeñeiro forestal e do medio natural. Ademais, faremos fincapé nos fenómenos relativos ás aplicacións das disolucións, o que nos permitirá entender por que cando vai frío en inverno debemos engadir anticonxelante á auga do sistema de refrixeración dun automóbil, ou botar sal nas estradas para evitar a formación dunha capa de xeo.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/DisolventeSolutoElectrólitosÁcido-baseOxidación-reduciónOxidación-reducciónLei de HenryLey de HenryLei de RaoultLey de RaoultQuímicaGrao en Enxeñaría Forestal e do Medio NaturalMaterias::Investigación::23 Química::2303 Química inorgánica::230399 Otras (especificar)Disolucións e as súas propiedadesbookopen access