Rodríguez Cid, Alba2023-11-082023-11-082023http://hdl.handle.net/10347/31227Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2022-2023O propósito do presente traballo é a análise da espacialidade en Antígona de Sófocles dende varios puntos de partida. Se ben o estudo se nutrirá primordialmente das fontes primarias en grego, serviráse de fontes secundarias que versen tanto sobre a propia traxedia (e sobre outras obras de Sófocles, nomeadamente Edipo Rei e Edipo en Colono) como acerca da noción de espacialidade na literatura e, sobre todo, na traxedia grega de época clásica. Aínda que ao tratar unha obra do século V a.C. carecemos de testemuñas detalladas da representación escénica e, polo tanto, da realidade espacial extraliteraria concreta da obra, tentaránse desentrañar todas as cuestións ao respecto, partindo da consideración do espazo escénico e escenográfico como elemento primordial do xénero teatral, como lugar que pode fundamentar a comprensión dos demais signos teatrais. Alén disto, o traballo xirará principalmente arredor da localización e análise das coordenadas espaciais que atopamos de maneira literal no texto de Sófocles e a súa correcta interpretación, entendendo o espazo dramático xa non só como unha categoría estruturante do relato, senón como un elemento articulado en moitas ocasións en función de oposicións marcadas e que crea relacións complexas tanto coa acción tráxica como coas súas personaxes. Como último punto de análise, indagaráse acerca do simbolismo dalgúns dos espazos da obra, entendendo tamén a noción de espazo como unha sorte de testemuña de certas alegorías (máis ou menos recorrentes) que debemos ler e entender á luz da cultura e tradición da Antigüidade Grega.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/EspacialidadeTraxedia gregaEscenaSemiótica teatralSimbolismoPolisGrandes DionisíacasEscenografía620310 Teatro620202 Análisis literario620203 Estilo y estética literarios550613 Historia de la literaturaA espacialidade en Antígona de Sófocles: o literal e o simbólicoLa espacialidad en Antígona de Sófocles: lo literal y lo simbólicoSpatiality in Sophocles’ Antigone: literarity and symbolismbachelor thesisopen access