Garrido Filgueira, Uxía2024-05-312024-05-312011978-84-9887-730-4http://hdl.handle.net/10347/34020Esta unidade didáctica, denominada As Adaptacións na Educación Física forma parte da materia obrigatoria Educación Física Especial I que se imparte no 1º cuadrimestre do 3º curso na titulación de mestra ou mestre na especialidade de Educación Física. A materia ten unha carga lectiva de 6 créditos (4,5 teóricos e 1,5 prácticos) e ten como obxectivos que o alumnado tome conciencia das súas actitudes sobre as persoas con diversidade funcional. Outro obxectivo é adquirir coñecementos e ferramentas para elaborar e impartir sesións de educación física en Primaria dun xeito inclusivo, é dicir, dando resposta ás necesidades de aprendizaxe de todo o alumnado, incluíndo aquel que presente algunha discapacidade ou teña algunha enfermidade que afecte á súa resposta motriz e á súa participación nas clases de educación física escolar. Concretamente nesta unidade didáctica, que coincide co primeiro tema da materia, ofrécese unha presentación conceptual sobre as diferentes visións e características das adaptacións; primeiro dende unha perspectiva global, a continuación dende unha particular –orientada á área de Educación Física–, na que se ofrece ao alumnado un conxunto de criterios e estratexias pedagóxicas que lle vai permitir iniciarse no proceso de elaboración de adaptacións das sesións e unidades didácticas da área de Educación Física escolar. Á par, a través das sesións prácticas, vaise levar ao alumnado cara ao recoñecemento, á análise e, se fose o caso, á modificación das propias actitudes cara ás persoas con diversidade funcional, contribuíndo dese xeito ao autocoñecemento e o proceso de asunción de valores democráticos. É imprescindible aclarar que nesta materia nos vemos na obriga de presentar uns coñecementos xenéricos sobre as adaptacións curriculares antes de abordar estas estratexias docentes dun xeito específico para a Educación Física, debido a que a materia troncal que desenvolve aqueles contidos non é impartida ata o 2º cuadrimestre do 3º curso, é dicir, a posteriori da materia que nos compete.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/As adaptacións na Educación Físicabookopen access