Rei Martiz, Antía2019-01-232019-01-232018http://hdl.handle.net/10347/18129Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2017-2018Dende a catástrofe do Prestige no ano 2002 xurdiron en Galicia diferentes manifestacións literarias que teñen como tema central a crise medioambiental que supuxo; este traballo pretende facer unha achega a esta literatura do Prestige dende un punto de vista ecocrítico. Para comezar, fa rase unha breve introdución ao tema, contextualizando o desastre ecolóxico nas súas coordenadas históricas e sociais e o papel da ecocrítica nos estudos literarios. A continuación, trataranse as principais teorías sobre as que se desenvolverá o traballo: dunha banda, o medioambientalismo dos pobres como unha forma de resistencia social ante a violencia lenta, permitida ou favorecida polos organismos oficiais. Doutra banda, os estudos sobre a petrocultura e a petroliteratura, que analizan en termos culturais e literarios o impacto da industria petrolífera, dende os conflitos internacionais por causa deste recurso ata os desastres asociados a el. A parte central do traballo ocuparase da análise da literatura do Prestige, en base á teoría anterior e a partir das dúas principais antoloxías nas que está recollida: Negra sombra: intervención poética contra a marea negra e Alma de beiramar: a Asociación de Escritores en Lingua Galega en contra da marea negra. Oeste xeito, será posible estudar nos textos o discurso medioambientalista das autoras e autores galegos e o trata mento da grande crise que supuxo a marea negraglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/EcocríticaPrestigeLiteraturaMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literariasA literatura do Prestige dende unha perspectiva ecocríticabachelor thesisopen access