Villares Paz, RamónBen Paz, Felipe2025-06-182025-06-182025https://hdl.handle.net/10347/42102O estudo céntrase en tres ámbitos fundamentais para a comprensión da evolución socioeconómica do Concello de Lugo entre os anos 1900 e 1925, que son o político, o económico e o demográfico. 1. Ámbito político: comprende a evolución ideolóxica da composición das corporacións locais. Nesta estúdase a correlación entre a política municipal e a estatal ao longo das etapas da Restauración Borbónica e da Ditadura de Primo de Rivera. Durante a primeira, de predominio de gobernos liberais, o sistema de quenda sufrirá alteracións debido á non concordancia ideolóxica entre maiorías e alcaldes, fundamentalmente en base ao carácter personalista destes, entre os que destaca Ángel López Pérez. Coa chegada da ditadura, serán os gobernadores civís os que se apropien do poder, e a composición do consistorio pasará a estar conformada por vogais asociados, saíndo todos eles da lista de maiores contribuíntes, o que pon de manifesto unha continuidade con respecto á etapa anterior. 2. Ámbito económico: este parte da evolución económica do Concello de Lugo no seu contexto histórico-económico, tanto internacional como nacional, así como do marco lexislativo e tributario da facenda local e estatal, para o que se fai referencia ao sistema tributario de Mon-Santillán, á reforma de Fernández Villaverde e ao Estatuto Municipal.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Lugoeconomíapolíticademografía550301 Historia local550402 Historia contemporáneaEvolución socioeconómica do Concello de Lugo, 1900-1925doctoral thesisopen access