Buide Carballosa, Ana BelénNovo Pérez, Manuel AntonioGinzo Villamayor, María José2024-02-092024-02-092019Buide Carballosa, A.; Novo Pérez, M.A. and Ginzo-Villamayor, M.J. (2019). "Algoritmos no combate de incendios forestais". Boletín de la SGAPEIO (Informest) 53, 2-4. SGAPEIO1695-7083http://hdl.handle.net/10347/32677España é un dos países europeos con maior superficie forestal, pois conta cun total de 27,7 millóns de hectáreas de superficie forestal, o que equivale a máis da metade do seu territorio. Á súa vez, tamén é un dos países máis afectados por incendios forestais, aparecendo nos primeiros postos en número de incendios e superficie afectada. En concreto, o noroeste de España, e especialmente Galicia, é unha das zonas máis afectadas nos últimos anos. Debido a esta problemática nacional e global xorden varios proxectos de investigación e de transferencia. A nivel de transferencia, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) téñense subvencionado diferentes proxectos, moitos deles a modo de consorcio formado por empresas, organismos públicos de investigación (OPIs) e outras institucións, ao abeiro de diversos programas. Por exemplo, a nivel internacional, o proxecto ”Sistema intelixente para detectar incendios forestais e dirixir a extinción de incendios baseado en visión artificial, mapas 3D e tecnoloxía GIS“ (EFIRE) do programa Eurostars (período de execución 2011 a 2014). A nivel nacional, o proxecto ”Tecnoloxías para o combate integral contra incendios forestais e para a conservación dos nosos bosques“ (PROMETEO), que contou co maior financiamento concedido ata a data, do Programa CENIT (período de execución 2010 a 2014). No caso de Galicia o proxecto ”Tecnoloxías avanzadas para a extinción de grandes incendios forestais“ (LUMES), do programa INNTERCONECTA (período de execución 2013 a 2014), e o proxecto ”Misións críticas de emerxencias con medios aéreos tripulados e non tripulados en voo cooperativo“ (ENJAMBRE) do programa CIEN (período de execución 2014 a 2018). O equipo de investigación do que forman parte os autores deste traballo participou no consorcio dos dous últimos a través do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). A continuación preséntase con máis detalle a participación en ENJAMBRE e a concreción en dous dos algoritmos o ”Algoritmo de Rutas de Escape das Brigadas“ e o ”Algoritmo de Eficiencia nas Descargas de Auga“. O proxecto ENJAMBRE céntrase en tres prioridades da Estratexia de Seguridade Nacional: a ordenación de fluxos migratorios, a protección ante emerxencias e catástrofes e a seguridade marítima, fronte as cales se realizan operacións de observación e de intervención para manter a seguridade. Os incendios forestais englóbanse na prioridade de protección ante emerxencias e catástrofes, e o principal obxectivo neste contexto é o desenvolvemento de tecnoloxías, entre as que se atopa un servizo de misións críticas de emerxencias que permita a actuación, de forma cooperativa e segura, de aeronaves tripuladas e non tripuladas nun mesmo espazo aéreo, desempeñando estas últimas tarefas de observación ao servizo de aeronaves tripuladas de intervención, facilitando a toma de decisións durante as operacións e reducindo os custos das mesmas.glg© 2024 SGAPEIOProxecto ENJAMBREIncendios forestaisAlgoritmos matemáticos1209 EstadísticaAlgoritmos no combate de incendios forestaisjournal articleopen access