2024-04-232024-04-2320242603-855XD.L. LU. 679-1996http://hdl.handle.net/10347/33605O número 35 de Evohé, dirixido por Laura Paz Fentanes e ilustrado por Sara Lamas, contén un monográfico dedicado á escritora, investigadora e profesora Carmen Blanco, conformado pola súa bibliografía e por diversos traballos sobre as distintas vertentes da súa obra: a poesía por Manuel Fernández Rodríguez, a narrativa breve por Olga Novo, a novela por Armando Requeixo, o ensaio por Marcela Bao, a tradución por María Lopo, o deseño por Cristina Fiaño e o mestrado por Mariña Rodríguez Blanco. Seguidamente, aparece a versión multilingüe do seu lema “Amo, mais non teño amo” a cargo de Adina Ioana Vladu e os poemas que lle dedicaron expresamente os poetas Luz Pozo Garza, Xohana Torres, Marta Pessarrodona, Olga Novo e Claudio Rodríguez Fer. No apartado creativo aparecen varias traducións ao galego dende o castelán (o relato “A cámara negra”, de Eugenio Granell, por Laura Paz Fentanes); ao ruso dende o galego (o poema “Astrolabio”, de Luz Pozo Garza, por Ekaterina Yakovleva) e ao checo dende o galego (o poema “Praga”, de Claudio Rodríguez Fer, por Anna Hozmanová e Karolina Nohynková). Finalmente, aparece o artigo “James Joyce na obra e na biblioteca de José Ángel Valente”, por Laura Paz Fentanes.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Carmen BlancoEvohé: Revista Cultural do Campus Terra-Lugo, número 35Monográfico Carmen Blancobookopen access