Ferreirós Domínguez, CarlosSánchez Poza, SandraFreixeiro Díaz, PaulaUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Farmacia. Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía2015-05-192015-05-192015-05-19http://hdl.handle.net/10347/13341Aínda que as vacinas baseadas en vesículas de membrana externa son eficaces fronte ás cepas epidémicas de N. meningitidis do serogrupo B, estas continúan a presentar importantes limitacións e estase a realizar un grande esforzo no desenvolvemento de novas vacinas e na reformulación das xa existentes. A resposta inmune fronte a estas vacinas diríxese principalmente fronte aos complexos de porinas. Este traballo pretende un mellor coñecemento dos complexos de porinas e do papel da RmpM mediante a renaturalización de complexos proteicos en liposomas. Ademais, avalíase o potencial vacinal dos proteoliposomas que conteñen complexos de porinas/RmpM. Os proteoliposomas preparados por diálise-extrusión que conteñen diferentes combinacións das proteínas recombinantes PorB, PorA, e RmpM permiten a renaturalización dos complexos de porinas e un perfil moi similar ao existente nas OMVs producidas pola bacteria. As análises realizadas mostran que a RmpM se unen aos complexos de porinas a través do seu extremo N-terminal mediante a interacción coa PorB, sendo un péptido de seis aminoácidos (VSGQSN) crucial para esta interacción. A asociación a outros complexos proteicos suxire un importante papel da RmpM no transporte de ións a través das membranas celulares, na translocación de proteínas a través do periplasma e na adhesión ás células do hóspede. Todos os proteoliposomas ensaiados induciron unha boa resposta inmune fronte á cepa homóloga, incluso en ausencia da PorA, mais a reactividade cruzada fronte as cepas heterólogas foi baixa. Os sistemas mostraron unha boa estabilidade a longo prazo a temperatura ambiente tras liofilización, sen se observaren diferenzas entre os dous axentes crioprotectores ensaiados, glicosa e trealosa. Polo tanto, os proteoliposomas son sistemas estábeis, de composición ben definida e cun grande interese como alternativa ás vacinas de OMVs e como vehículo para as novas vacinas de subunidades.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glNeisseria meningitidisNuevas vacunasComplejos de porinasProteoliposomasMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología::241402 Fisiología bacterianaMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología::241408 Procesos microbianosRenaturalización de complexos proteicos de membrana externa de Neisseria meningitidis en liposomas: estrutura e potencial vacinaldoctoral thesisopen access