Abuín González, AnxoRozados Lorenzo, Larisa2018-10-162018-10-162018http://hdl.handle.net/10347/17464Comezando o século XXI xurdiron novas voces poéticas no contexto galego representativas da emerxencia de novas linguaxes e práctica de resistencia fronte aos discursos hexemónicos, ao subverteren cuestións relacionadas coa idea dunha identidade unívoca, pechada, non mutable; cunha idea de autoría baseada nun principio de autoridade, cunha figura individual caracterizada polos presupostos do “xenio” autoral; e co canon patriarcal. Afondamos na obra de Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea Nunes e María Rosendo. Estas autoras van da “creadora” individual á actividade compartida, e asumen posturas activistas de funcionamento en rede. Empregan o anonimato, heterónimos, traballan colectivamente ou buscan novas formas de edición que apostan por fórmulas abertas de “dereitos de autor”. Esta nova percepción carrexa tamén unha liberación con respecto á opresión do sistema patriarcal. Aquilo que ten que ver co corpo e coa autorrepresentación é estratéxico para darlles a volta aos estereotipos de xénero.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/PoesíaPerformanceFeminismoMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620202 Análisis literarioMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620310 TeatroA performatividade como estratexia de resistencia en catro poetas galegas contemporáneas: Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea Nunes e María Rosendodoctoral thesisopen access