Peña Vázquez, Elena MaríaBarciela Alonso, María Carmen2014-03-142014-03-142013978-84-9887-963-6D.L.: C. 50 - 2013http://hdl.handle.net/10347/9983Máster en Enxeñaría AmbientalO Máster de Enxeñería Ambiental impártese na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela, cuns 30 estudantes anuais de nova matrícula. Consta de 90 créditos ECTS e realízase nun período de 18 meses. No primeiro ano (60 ECTS) impártense cinco módulos, que se distribúen dende setembro a xullo. No segundo ano (30 ECTS), nos dous primeiros meses impártense as clases teóricas do módulo seis e o resto dos meses dedícanse ao Proxecto Fin de Máster. Os módulos impartidos nos dous anos de Máster son os que se indican a continuación: Primeiro ano: Módulo I: Fundamentos. Módulo II: Tratamento de Augas Módulo III: Monitorización e Redución da Contaminación Atmosférica Instrumentación e Monitorización Ambiental(IMA) Medio Ambiente e Redución de Emisións Técnicas de Análise Territorial Laboratorio de Modelización Módulo IV: Recuperación de Solos e Xestión de Residuos Módulo V: Prácticas externas Segundo ano: Módulo VI: Xestión Ambiental. Módulo VII: Proxecto Fin de Máster. A materia de Instrumentación e Monitorización Ambiental (IMA) é unha materia obrigatoria de 3 créditos ECTS do Módulo III (Monitorización e redución da contaminación atmosférica). Os contidos impartidos en IMA introducen o alumno nas diferentes técnicas instrumentais empregadas na monitorización ambiental, dende a etapa de mostraxe ata a análise das mostras no laboratorio. O número de horas presenciais é 28, das cales 9 se empregan para o estudo da cromatografía. No primeiro tema da materia estúdase a colección e tratamento da mostra previamente á análise. No segundo tema trátanse os métodos espectroscópicos, fundamentais para realizar un número moi elevado de análises. E por fin, no tema 3 trátanse os métodos cromatográficos, xa que unha vez que temos preparada a mostra e antes de realizar unha cuantificación dun composto, por exemplo utilizando métodos espectroscópicos, frecuentemente é necesario levar a cabo unha separación cromatográfica de dito composto para evitar a presenza doutras sustancias que interfiren na determinación. Así, as técnicas cromatográficas son un grupo de potentes ferramentas de separación, identificación e determinación de compostos químicos en mesturas complexas. Polo tanto son fundamentais nos laboratorios de análise, xa que a maior parte das mostras que chegan a eles son mostras complexas, xa sexa no ámbito clínico, industrial ou medioambiental. Tralo tema de cromatografía trátanse os sensores (tema 4) e os sensores remotos (tema 5). En ámbolos dous casos, o obxectivo é realizar as medicións do modo máis sinxelo posible, a ser posible sen separación previa. Por último, nos temas finais do curso tamén se tratarán algunhas aplicacións da cromatografía relacionadas coa análise de contaminantes en chemineas e nas medidas da calidade de aire.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Cromatografía de líquidosCromatografía de gasesCromatogramaFase móbilFase móvilFase estacionariaSeparación cromatográficaCromatografía de partición de fase reversaCromatografía de partición de fase normalEspectrometría de masasMaterias::Investigación::23 Química::2301 química analítica ::230103 Análisis cromatográficoMaterias::Investigación::23 Química::2301 química analítica ::230199 Otras (especificar)Técnicas cromatográficas utilizadas en monitorización ambientalbookopen access