Fernández Rei, FranciscoRegueira Fernández, Xosé LuísDopazo Entenza, José Manuel2022-11-092022http://hdl.handle.net/10347/29395Neste traballo preséntase un conxunto de persoas xunguidas pola relación familiar coa Illa de Ons. Actualmente neste territorio tan só viven tres persoas, con todo, o corpus oral está formado polas persoas que naceron e desenvolveron a súa adolescencia e adultez en Ons (primeiro grupo de idade), as que naceron na illa e marcharon na infancia ás comarcas próximas (segundo grupo de idade) e, finalmente, as que xa naceron nos lugares de destino e tan só son descendentes (terceiro grupo de idade). A partir desta compilación de informantes, realizáronse as gravacións pertinentes, transcribíronse e procedeuse a traballar co material escrito. En primeiro lugar, extraéronse os datos relativos aos fenómenos lingüísticos de variación que se ían analizar. A continuación, mediante as probas estatísticas de Kruskal-Wallis e Mann-Whitman, identificáronse aquelas variábeis que influían no cambio lingüístico desta comunidade de fala: idade, xénero, nivel de estudos e lingua habitual. Finalmente, puxéronse todos estes resultados en relación co fin de explicar os motivos do cambio lingüístico subxacentes á variación apreciábel.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Variación lingüísticacambio lingüísticotempo aparentedialectoloxíacorpus oralxéneroMaterias::Investigación::57 Lingüística::5701 Lingüística aplicada::570106 DocumentaciónMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570502 EtnolingüísticaA lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüísticodoctoral thesisopen access