Agra Romero, María XoséFranco Barrera, Alberto JoséUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Lóxica e Filosofía MoralUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filosofía2015-04-202015-04-202015-04-20http://hdl.handle.net/10347/13045A natureza é un motivo recorrente do pensamento, un onde en non poucas ocasións a promesa de pureza e inocencia é acompañada pola chamada a suprimir toda mediación e erradicar toda impureza. Cativada polo mundo natural a cuxa protección se consagra e cuxa defensa sostén, a ecoloxía política confundiu dende as súas orixes o obxecto da súa atención co seu reflexo. A dependencia verde respecto dunha concepción da natureza e da súa relación coa sociedade, que está máis preto do mito que da realidade, propiciou unha debilidade teórica e unha inconsistencia prescriptiva que o seu entusiasmo voluntarista non chega a compensar. A súa tendencia a traducir preceptivamente as leis da natureza para convertelas en leis de ordenación social contribúe a ontoloxizar un discurso cuxa soa evidencia espontánea, convérteo en pre-político e subtráeo a toda contestación. Este é o fracaso do ecoloxismo político: a súa incapacidade para artellar unha defensa non-natural dunha natureza non idealizada, o seu abandono ao vello naturalismo que sitúa un espello fronte ao mundo natural e pretende que a sociedade reflíctase nel. Convén preguntarse si esta deriva naturalista está prefigurada na propia constitución da ecoloxía política, si todo intento por dar forma a unha política verde está condenada a reproducila. A resposta é non. É posíbel construír un ecoloxismo político non naturalista e asentado sobre unha comprensión alternativa e realista da natureza e das relacións da sociedade coa súa contorna. É posíbel defender unha política verde cuxas relacións coa modernidade e a democracia non se distingan pola súa ambivalencia e a súa continxencia, senón por un vencello necesario que resulta do seu carácter de instancia crítica e reflexiva. Esta ecoloxía política é aínda antes unha promesa ca unha realidade, debe resultar dun proceso de construción preceptiva que é ao tempo reconstrución crítica do ecoloxismo existente. Tal é o obxecto deste traballo.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glMedio ambienteSostibilidadeDemocracia inclusivaNaturezaEcoloxía políticaMaterias::Investigación::72 Filosofía::7206 Filosofía de la naturaleza::720603 Filosofía del espacio y tiempoMaterias::Investigación::72 Filosofía::7207 Filosofía social::720704 Filosofía políticaDemocracia e cidadanía: Achegas dende unha Ecoloxía Política reconstruídadoctoral thesisopen access