Fernández Santomé, Cecilia2013-03-152013-03-152008FERNÁNDEZ SANTOMÉ, Cecilia: «”The mark on the Wall”, de Virginia Woolf: análise e significación das formas narrativas», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 39-40, (1 e 2. Semestre 2008), pp. 257-2680214-9117http://hdl.handle.net/10347/7595A complexidade atribuída á escrita de Virxinia Woolf atopou no formato do relato curto un terreo óptimo para a experimentación de novas fórmulas narrativas, rachando cos presupostos asociados á novela burguesa en voga e deseñando as constantes que habían marcar algunhas das grandes obras de Woolf (como, por exemplo, To the lighthouse, The waves ou Mrs Dalloway). A riqueza dos seus textos breves reside na condensación de trazos innovadores que presentan, enmarcados nunha forma narrativa considerada menor (pois os grandes enxeños debían entregarse á escritura en formato estendido) e cun evidente pouso subversivo. Un dos relatos máis significativos de Virxinia Woolf, “The mark on the wall” (1917), ofrece ao lector actual unha serie infinda de interpretacións e de motivos ben significativos que se erixirían –nalgúns casos– en auténticos símbolos da narrativa de Woolf. O narrador subxectivado, a ausencia de referencias espazo-temporais, a progresión elíptica do argumento non son máis que as liñas principais sobre as que se artella un relato de gran complexidade.glgVirxinia Woolfrelato curto”The mark on the Wall”, de Virginia Woolf: análise e significación das formas narrativasjournal articleopen access