Martínez Portela, PaulinoMartínez Sambade, Inés2026-01-272026-01-272025https://hdl.handle.net/10347/45444A ostra plana europea (Ostrea edulis) é unha especie de gran relevancia ecolóxica, económica e cultural, cuxo papel como enxeñeira ecosistémica a converte nun compoñente clave dos ecosistemas costeiros europeos. Porén, as poboacións naturais sufriron un acusado declive ao longo do último século debido á sobreexplotación, á degradación do hábitat e, especialmente, á aparición da bonamiose, unha enfermidade causada polo protozoo intracelular Bonamia ostreae. Esta enfermidade provoca elevadas mortalidades nas ostras adultas e constitúe un dos principais obstáculos para a recuperación dos bancos naturais e o desenvolvemento de programas de repoboación. Neste contexto, resulta esencial comprender a base xenética da resistencia e desenvolver ferramentas de selección que permitan producir semente tolerante ou resistente. Nesta tese adoptouse un enfoque multidisciplinar, integrando xenómica de poboacións, estudos de estrutura cromosómica e transcriptómica, co obxectivo de desentrañar os mecanismos xenéticos e moleculares que subxacen á resistencia a B. ostreae.engAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Ostrea edulisBonamia ostreaeInversionsResistance240903 Genética de poblaciones251092 Acuicultura marina310903 InmunologíaGenomics of Resistance to the Parasite Bonamia ostreae in the European Flat Oyster Ostrea edulisdoctoral thesisopen access