Veiga, Martín2013-03-192013-03-192011VEIGA, Martín: «Avilés de Taramancos e a tradución poética», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 45, (1º Semestre 2011), pp. 279-2900214-9117http://hdl.handle.net/10347/7637Por máis que a dedicación de Antón Avilés de Taramancos á tradución poética constitúe un feito ben coñecido, a relación entre os textos que traduciu e súa propia obra non recibiu atención crítica abonda. Emporiso, libros como Crónica de Saint-John Perse e mais O cemiterio mariño de Paul Valéry, ambos os dous traducidos do francés ao galego por Avilés, arrequecen diversamente o abano interpretativo dalgúns dos seus textos. O mesmo ocorre coa súa versión dun fragmento da rapsodia XXI da Odisea, episodio que acada un valor simbólico importante no conxunto da súa obra. Logo de elucidar o xeito en que a obra de Avilés de Taramancos se sitúa fronte a esas relacións intertextuais, o artigo céntrase na xénese do poema “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”, publicado en Dorna en 1983, un canto épico que actúa como homenaxe ao escritor chileno mencionado no título e que se caracteriza por unha singularidade: non se trata dunha composición enteiramente orixinal de Avilés senón o resultado dunha derivación creativa da súa tarefa tradutora.glgAvilés de Taramancospoesíatradución poéticaxéneros literariosAvilés de Taramancos e a tradución poéticajournal articleopen access