Santiso Arias, Andrea2022-02-042022-02-042021-06http://hdl.handle.net/10347/27468Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2020-2021O presente traballo ten por obxectivo o estudo da toponimia maior dos 133 lugares en que se dividen as 28 parroquias que conforman o concello lucense de Antas de Ulla. Para este propósito, partirase dos nomes de lugar adscritos ao concello que constan no Nomenclator de Galicia (NG). Ademais, non se descarta a posibilidade de incorporarmos topónimos non recollidos no inventario oficial, pero que nomean igualmente núcleos habitados de Antas. Deste material levarase a cabo unha análise etimolóxica coa finalidade de descubrir a orixe e a evolución de cada topónimo a partir dos datos presentes en fontes documentais e estudos previos. Na medida do posible, achegarase a motivación semántica do material toponímico a partir dunha clasificación en campos toposemánticos. Tamén se realizará, cando for pertinente, unha análise lingüística centrada en aspectos fonéticos e morfosintácticos sobre os topónimos e un contraste entre as formas propostas no NG coa fala oral co fin de advertir diferenzas. Deste xeito, unha vez recompilada e analizada toda a información sobre a toponimia maior de Antas de Ulla, presentarase unha descrición completa da paisaxe toponímica do concello, que abrangue dimensións históricas e lingüísticasglgToponimia de Antas de UllaTopónimos galegosEtimoloxía de nomes xeográficosSemántica de nomes xeográficosNomenclator de GaliciaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5703 Geografía lingüísticaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5702 Lingüística diacrónica::570202 EtimologíaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570508 SemánticaToponomástica, documentación histórica e estudo lingüístico: unha aproximación á toponimia maior do concello de Antas de Ullabachelor thesisopen access