Álvarez López, Lucía2023-11-072023-11-072023http://hdl.handle.net/10347/31212Traballo Fin de Máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria. Curso 2022-2023A resistencia aos antimicrobianos considérase a pandemia silenciosa. Estímase, que no ano 2050 as bacterias multirresistentes provocarán anualmente 10 millóns de mortes. No caso do ganado leiteiro, a mastite é unha das principais patoloxías que require do uso de antibióticos e nos últimos anos estase a complicar o tratamento das mesmas debido ao aumento das resistencias bacterianas. Como consecuencia, estanse a buscar alternativas ao uso de antibióticos, como é o caso dos bacteriófagos, virus que infectan exclusivamente bacterias. Estes virus teñen un rango de lise pequeno e normalmente cada fago so infecta unha especie bacteriana ou as veces a serotipos específicos de unha especie bacteriana. Isto ten como consecuencia que o tratamento con fagos permita eliminar as bacterias patóxenos sen afectar ao resto da microbiota. O obxectivo de este traballo é illar de mostras de leite e de xurro de granxas de bovino leiteiro e de augas de depuradora, bacteriófagos de bacterias causantes de mastite e realizar unha caracterización dos mesmos para valorar o seu posible uno terapéutico. Illouse o fago de Klebsiella pneumoniae a partir de unha mostra de auga residual empregando a cepa K. pneumoniae CECT 8453. O xenoma de este fago foi secuenciado e presentou una lonxitude de 40564 pares de bases e non codifica no seu xenoma nin xenes de virulencia nin de resistencia, factor importante para o seu uso en terapia con fagos. Ademais, o bacteriófago de K. pneumoniae mostrou unha gran estabilidade a distintas temperaturas (-20 a 60ºC) e pH, excepto a pH 12. Tamén se puido comprobar que non hai diferenzas ante a estabilidade de este fago entre o control (tampón SM) e o leite. O seguinte paso a seguir será facer estudios in vitro e in vivo para determinar o potencial terapéutico do fago illado neste estudo.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Mastite bovinaLeiteAlternativas aos antibióticosBacteriófagosKlebsiella pneumoniaeCaracterización fenotípicaIllamento e caracterización de bacteriófagos de bacterias causantes da mastite bovinaAislamiento y caracterización de bacteriófagos de bacterias causantes de la mastitis bovinaIsolation and characterization of mastitis related bacteria bacteriophagesmaster thesisopen access