Fernández Vilaboa, José ManuelRodríguez Fernández, Celso2014-02-272014-02-272013978-84-9887-954-4D.L.: C. 59-2013http://hdl.handle.net/10347/9924Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Espazos Vectoriais e Cálculo MatricialEsta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría. Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se inclúe esta materia, son unha parte fundamental das ferramentas matemáticas necesarias para o estudo en moitas áreas, como as ciencias do comportamento, da natureza, físicas ou sociais, economía, enxeñaría ou informática e por suposto nas matemáticas. Esta materia é fundamental para una boa formación matemática. Está precedida da materia Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números onde se introducen conceptos básicos das matemáticas, e resulta indispensable para poder abordar con éxito as materias Álxebra Lineal e Multilineal e Xeometría Lineal de segundo curso do grao en matemáticas. Nesta unidade estúdanse as aplicacións lineais entre dous espazos vectoriais de dimensión finita. O alumnado da materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial teñen coñecemento das nocións básicas de aplicacións entre conxuntos, matrices, determinantes e resolución de sistemas. A finalidade desta unidade é a de presentar a estreita relación existente entre aplicacións lineais e matrices e, ó mesmo tempo, utilizar estes coñecementos para a resolución dos sistemas de ecuacións lineais. En concreto veremos que o estudo das aplicacións lineais redúcese ó estudo das matrices asociadas segundo dúas bases fixas nos dous espazos vectoriais. Á parte dos propios contidos matemáticos, esta unidade contribuirá ó desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de formalización de demostracións matemáticas.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Aplicación lineal inxectivaAplicación lineal inyectivaMonomorfismoAplicación lineal sobrexectivaAplicación lineal sobreyectivaEpimorfismoAplicación lineal bixectivaAplicación lineal biyectivaIsomorfismoEndomorfismoTeorema de Rouché-FrobeniusEspazos Vectoriais e Cálculo MatricialGrao en MatemáticasMaterias::Investigación::12 Matemáticas::1201 Algebra::120110 Algebra linealAplicacións lineaisbookopen access