Seco Castro, José Manuel2014-03-202014-03-202013978-84-9887-995-7D.L.: C. 267 -2013http://hdl.handle.net/10347/10024Titulación: Licenciatura en Química -- Materia: Química orgánica agrícolaEsta unidade didáctica inclúese na materia de Química Orgánica Agrícola que se imparte no quinto curso da licenciatura en Química e supón unha carga lectiva de 60 horas. O alumnado adquirirá coñecementos fundamentais sobre compoñentes orgánicos do solo, praguicidas e produtos naturais de interese agrícola. De xeito moi xeral pódese definir a Química agrícola como a parte da ciencia que estuda os principios químicos da agricultura e as aplicacións agrícolas da química. Desde a perspectiva da química orgánica, as aplicacións máis importantes en agricultura danse no campo dos praguicidas, é dicir, daqueles compostos, maioritariamente de natureza orgánica, que se utilizan para combater os diferentes tipos de pragas dos cultivos agrícolas. Este feito xustifica que a parte máis importante do programa desta materia (Química Orgánica Agrícola) trate do estudo dos diferentes tipos de pesticidas/praguicidas. O estudo dos praguicidas pódese expor con dous enfoques moi distintos: o químico, facendo un estudo con base na súa estrutura e clasificándoos segundo os seus grupos funcionais; e o biolóxico, que leva unha clasificación en función da súa actividade biolóxica. Neste caso optouse por unha primeira clasificación das substancias en función da súa actividade biolóxica e dentro de cada categoría polos seus grupos funcionais. Por último, é importante indicar que se fará un especial fincapé naqueles praguicidas que proveñen de fontes naturais e tamén se amosarán cales son as alternativas máis importantes á loita química convencional na protección dos produtos agrícolas. Preséntanse conceptos fundamentais acerca dos praguicidas, tales como as súas clases, tipos de formulacións empregadas para o seu uso e criterios xerais de toxicidade. Para o seu estudo, os pesticidas clasifícanse, segundo o tipo de praga que combaten, en insecticidas, funxicidas, herbicidas, acaricidas, nematicidas,etc.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Compoñentes orgánicos do soloComponentes orgánicos del sueloPraguicidasPlaguicidasInsecticidasFunxicidasFungicidasSubstancias fitorreguladorasSustancias fitorreguladorasHerbicidasAlomonasKairomonasQuimioesterilizantesFeromonasQuímica orgánica agrícolaLicenciatura en QuímicaMaterias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2511 Ciencias del suelo (Edafología)::251104 Química de suelosMaterias::Investigación::23 Química::2306 Química orgánica::230699 Otras (especificar)Métodos alternativos ao uso de insecticidasbookopen access