López Rúa, Paula2012-05-182012-05-182010LÓPEZ, Paula: «Aprendizaxe cooperativa na universidade: a experiencia dun modelo híbrido na aula de idiomas». Innovación Educativa. ISSN 1130-8656, vol.20 (2010), pp. 49-591130-8656http://hdl.handle.net/10347/4997Neste traballo expóñense os resultados dunha experiencia de aprendizaxe cooperativa realizada durante o curso 2008-2009 cun grupo de alumnos universitarios na materia “Lingua Inglesa”. En diferentes apartados dáse conta do contexto de aprendizaxe, os obxectivos que xustifican a posta en práctica da experiencia, as características da técnica elixida (neste caso, unha combinación da técnica do crebacabezas de Aronson e a do xogo-concurso por equipos de DeVries), as diferentes fases do desenvolvemento da actividade e o seu proceso de avaliación, tanto polo profesor como polos alumnos participantes. O éxito da experiencia apunta á conveniencia de fomentar este tipo de actividades de aprendizaxe no eido universitario, especialmente considerando que moitos dos obxectivos da aprendizaxe cooperativa, tales como o fomento da responsabilidade individual, o desenvolvemento de habilidades interpersoais para o seu emprego na futura profesión, ou a mellora xeral do rendemento, particularmente no eido das linguas estranxeiras, son tamén obxectivos básicos do Espazo Europeo de Educación Superior.glgAprendizaxe cooperativaCrebacabezasEEESInglésXogoConcursoAprendizaxe cooperativa na universidade: a experiencia dun modelo híbrido na aula de idiomasjournal articleopen access