Camino Rivera, Cristina2024-12-032024-12-032020-06https://hdl.handle.net/10347/37966Traballo de Fin de Grao Mestre de Educación InfantilEste traballo nace coa intención de mellorar a calidade da educación tal e como a coñecemos, ofrecéndolle o lugar que se merece a educación artística e a creatividade na etapa de educación infantil. Tras investigar e coñecer novas alternativas metodolóxicas, decido decantarme polo enfoque Reggio Emilia, pois aposta pola liberdade, o arte e o respecto polos dereitos, características e intereses dos nenos e nenas. En definitiva, trata á infancia co coidado e respecto que se merece. Mais concretamente, decido centrar a niña investigación e proposta educativa no atelier (taller) e a súa figura da atelierista (tallerista) xa que me ofrece a oportunidade de xuntar os conceptos nos que traballo (creatividade e educación artística) para, a través da distribución do espazo por recunchos, ofrecer aos nenos e nenas, espazos onde a imaxinación e a creatividade funcionen como co-protagonistas ao seu carón. Para facer máis significativo este traballo decido ofrecer dous puntos de vista semellantes pero en dúas épocas totalmente diferentes. Para iso, recorro a entrevistar a dúas profesionais; unha muller galega que revolucionou a educación na súa época (1960) e unha mestra en Italia profundando no enfoque reggiano, na actualidade. Ambas co mesmo propósito ca min, aportar o noso grao de área para unha educación de calidade.glgAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Educación artística, Creatividade, Reggio Emilia, Atelier, Natureza580107 Métodos pedagógicosA educación artística e a creatividade infantil dende o enfoque Reggio Emilia: Un atelier na aulaLa educación artística y la creatividad infantil desde el enfoque Reggio Emilia: Un atelier en el aulaArts Education and Child Creativity from the Reggio Emilia approach: An Atelier in the classroombachelor thesisopen access