Carlos Villamarín, Helena deFernández Gómez, Mª Margarita2022-06-272022-06-272022http://hdl.handle.net/10347/28842O presente traballo aproxímase á tradición dos comentarios virxilianos centrándonos na figura dun dos representantes da mencionada tradición: Elio Antonio de Nebrija (!41-1522). O nebrisense compuxo unha paráfrase da obra canónica do vate da latinidade, e a obra constitúe un dos primeiros textos impresos en España. A nosa investigación baséase no exemplar conservado na Biblioteca Xeral de Santiago de Compostela, o cal trancribimos ao longo do traballo. A introdución da tese pretende contextualizar a esencia didáctica da paráfrase, e xustificar a composición da obra nunha etapa histórica tan rica en matices e diversidade como é o Renacemento, máxime se temos en consideración que esta época asume en España rasgos propios e específicos derivados do marco histórico en que a nación se atopa. O texto obxecto de exame é particularmente suxestivo, pois conecta estreitamente a dous persoeiros insignes nas letras occidentais: o Poeta latino con maiúsculas, Virxilio, e Nebrija, autor da primeira gramática dunha lingua vernácula, o castelán.spaAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/NebrijaVirgilioparáfrasisediciónMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620202 Análisis literarioMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literarias::620203 Estilo y estética literariosVirgilio en Nebrija. El comentario de textos: contribución al estudio de un género literariodoctoral thesisopen access