López Pérez, André2021-03-232021-03-232020http://hdl.handle.net/10347/24963Traballo Fin de Grao en EconomíaAs enquisas son un instrumento cun papel chave na nosa sociedade, pois constitúenunha base para a toma de decisións, tanto no ámbito privado coma no público. Para a súaelaboración será necesario en primeiro lugar a selección dunha mostra, tendo en conta que o tratamento de datos de toda a poboación non vai resultar posible por razóns financeiras e de tempo. Neste traballo profundizamos nun tipo concreto de mostraxe probabilística, coma é a mostraxe sistemática. Malia non ser o método máis axeitado para determinados casos, pretendemos examinarcales son os seus pros e contras, enfatizando os primeiros a través dunha aplicación empírica. Por outra banda, pertencendo ao ámbito estatístico, será necesariaa introdución dunha serie de fórmulas que nos van permitir calcular os estimadores do total, da media e da proporción, así coma da súa varianza. Deste xeito, o traballo permítenos obter unha análisedesta modalidade de mostraxe, tanto dende un punto de vista teórico coma práctico. Mais non se trata dunha visión estática, senón que podemos apreciar coma os investigadores están introducindo cambios constantemente, aparecendo así novos casos particulares da mostraxe sistemática,coma son a replicada ou a especialglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/EstatísticaEstadísticaStatisticsMostraxeMuestreoSamplingPoboaciónPoblaciónMostraMuestraSampleEnquisasEncuestasSurveysAnálise mostral : estudo do deseño sistemáticobachelor thesisopen access