Ballesteros Ron, Alejandro2014-03-312014-03-3120132013978-84-15876-26-7http://hdl.handle.net/10347/10052Grao en economíaA materia Facenda Pública: Ingresos e Gastos se enmarca no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. A materia está destinada aos alumnos do Grao en Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. A programación docente está dividida en cinco unidades didácticas, nas que se abordan os aspectos máis relevantes para coñecer a Economía do Sector Público. A primeira parte, está destinada á contextualización da economía pública, á definición dos seus axentes e aos instrumentos de intervención cos que conta o sector público. A segunda centrase no estudo concreto dos gastos públicos e os orzamentos das administracións públicas. Na terceira, estúdase o financiamento do sector publico e os seus efectos no comportamento dos cidadáns na economía de mercado. O cuarto céntrase no estudo dos distintos impostos que forman o sistema fiscal, que proporciona a maioría dos ingresos. Déixase para o final o tema do federalismo fiscal, a súa xustificación económica, os aspectos teóricos e prácticos da descentralización e as competencias de ingresos e gastos correspondentes a cada nivel de goberno. Na unidade didáctica que nos ocupa, a nosa atención céntrase no apartado dos ingresos públicos, é dicir, como se financia o sector publico, cales son os seus ingresos e que efectos produce ese financiamento na economía e mercado. Analízanse os distintos ingresos a través e buscando, o mesmo tempo, a eficiencia e a equidade dos ingresos públicos. Estúdase sobre quen recaen os tributos, determinando os efectos destes na economía e no comportamento dos cidadáns. Analízanse os principios da imposición como regras que serven para xulgar e reformar os distinto ingresos. Esta unidade está estreitamente relacionada coa seguinte, O Sistema Fiscal. Entre as dúas unidades, o alumno pode facerse unha idea da importancia no só dos ingresos públicos senón tamén dos efectos que estes teñen na economía.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Ingresos públicosIngresos tributariosEstrutura tributariaEstructura tributariaImposición e eficienciaDevindicaciónDevengoRecadaciónRecaudaciónEfecto rendaEfecto rentaExceso de gravameExceso de gravamenMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5301 Política fiscal y hacienda pública nacionales::530199 Otras (especificar)O ingreso públicobookopen access