Rodríguez Fernández, CelsoFernández Vilaboa, José Manuel2014-03-182014-03-182013978-84-9887-955-1D.L.: C. 58-2013http://hdl.handle.net/10347/9994Titulación: Grao en Matemáticas -- Materia: Espazos Vectoriais e Cálculo MatricialEsta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría. Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se inclúe esta materia, son unha parte fundamental das ferramentas matemáticas necesarias para o estudo en moitas áreas, como as ciencias do comportamento, da natureza, físicas ou sociais, economía, enxeñaría ou informática e por suposto nas matemáticas. Esta materia é fundamental para una boa formación matemática. Está precedida da materia Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números onde se introducen conceptos básicos das matemáticas, e resulta indispensable para poder abordar con éxito as materias Álxebra Lineal e Multilineal e Xeometría Lineal de segundo curso do grao en matemáticas. A finalidade desta unidade é a de presentar de maneira gradual os conceptos fundamentais de Espazos Vectoriais e as técnicas básicas para o estudo da dependencia e independencia lineal, cálculo de bases e coordenadas e dos distintos tipos de ecuacións dun subespazo vectorial. Será a primeira vez que o estudantado se aproxima ó estudo de estruturas alxebraicas como modelos que engloban moitas situacións particulares e que serán fundamentais para a súa formación matemática xa que serán utilizadas no resto das disciplinas do Grao. Á parte dos propios contidos matemáticos, esta unidade contribuirá ó desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de formalización de demostracións matemáticas.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Espazo vectorial de dimensión finitaEspacio vectorial de dimensión finitaSubespazos vectoriaisSubespacios vectorialesBase do espazo vectorialBase del espacio vectorialDimensión dun espazo vectorialDimensión de un espacio vectorialVectoresBasesSubespazosSubespaciosEspazos Vectoriais e Cálculo MatricialGrao en MatemáticasMaterias::Investigación::12 Matemáticas::1201 Algebra::120199 Otras (especificar)Espazos vectoriaisbookopen access