García Louzao, Pedro2022-02-012022-02-012021-07http://hdl.handle.net/10347/27445Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2020-2021A morfoloxía do artigo determinado galego é unha cuestión relevante dende un punto de vista teórico. Como se sabe, ten, aparentemente, tres alomorfos en distribución complementaria, aínda que, algúns autores defenden só a existencia de dous. Este traballo ten por obxectivo facer unha análise historiográfica comparativa do tratamento que se lle deu a longo do tempo a esta unidade nos estudos gramaticais galegos. Con este fin analizaremos un corpus composto por estudos de morfoloxía e gramaticas do galego que abrangue un período relativamente amplo de tempo: dende 1868, cando se publicou a Gramática Gallega de Saco Arce, ata a actualidade, cando foron publicados, por estudiosos como Elisa Fernández Rei, os últimos traballos ao respecto desta cuestión; revisaremos tamén algunhas gramáticas dos dialectos en que se recolle información acerca do fenómeno en cuestión. A partir da análise de todos estes datos, intentaremos mostrar en que consiste o proceso de inserción do artigo e cales son os principais problemas que xorden: identificación e segmentación dos morfos e condicións da selección alomórficaglgArtigo determinado galegoMorfoloxía do galegoLingüística histórica do galegoMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570599 Otras (Morfología)Materias::Investigación::57 Lingüística::5702 Lingüística diacrónica::570201 Lingüística históricaO tratamento da morfoloxía do artigo determinado nos estudos galegos de gramática: unha análise historiográficabachelor thesisopen access