Casal de la Fuente, Lucía2017-06-152017-06-152014Casal de la Fuente, Lucía (2014). Galicia e Alxeria, sociedades patriarcais e matriarcais: a cultura e a escola dende a perspectiva dun inmigrante alxeriano. En A.J. López Díaz, A. González Penín & E. Aguayo Lorenzo (Eds.), Roles de xénero nun mundo globalizado (II Xornada Universitaria Galega en Xénero) (pp. 313-318). Ferrol: Universidade da Coruña. ISBN: 978-84-9749-599-8. Dispoñible en: https://goo.gl/AuKuyO e en http://hdl.handle.net/2183/15839978-84-9749-599-8http://hdl.handle.net/10347/15486Publicación derivada dunha comunicación presentada nun congreso.Ofrecemos nesta comunicación a visión da sociedade, cultura e escola de Galicia e Alxeria, en boca dun alumno de Educación Secundaria inmigrante para Galicia. Os datos forman parte dunha investigación dentro da temática do alumnado inmigrante en Galicia, do choque cultural e da adaptación. Recórrese á entrevista semiestruturada como xeito de acceso á información, cuxos resultados aportan información sobre a escola alxeriana en primeira persoa e voz do protagonista do noso estudo de caso: niveis educativos, características do profesorado e das escolas... Tamén aportamos algunhas peculiaridades da adaptación á sociedade galega que viviu este rapaz con respecto ás dificultades idiomáticas (chegou ao noso país sen coñecer en absoluto a nosa lingua), impacto da cultura galega na súa de orixe, a importancia de manter os trazos da súa cultura (para el, o máis importante é manter o compromiso coa súa xente), relixión, comparación de sociedades (matriarcal e patriarcal), etc. Pechamos a comunicación facendo fincapé na importancia do concepto de intelixencia socio e multicultural no intento de velar polos procesos de integración e inclusión de calidade deste alumnado.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/InmigraciónEscolaMatriarcadoPatriarcadoCulturaGalicia e Alxeria, sociedades patriarcais e matriarcais: a cultura e a escola dende a perspectiva dun inmigrante alxerianoGalicia and Algeria, patriarchal and matriarchal societies: culture and school from an Algerian student’s point of viewbook partopen access